O técnico pontés Marco Roca Ledo estivo estes días en Leganés como parte do proxecto “Formación Itinerante Entrenadores RFEF”. Marco, sobriño e fillo de dúas lendas do CD As Pontes, Celso e Manolo, pasou toda unha vida no As Pontes, dende as categorías de base, e 12 anos no primeiro equipo, cun breve paso polo Betanzos. Como adestrador tamén o foi dos equipos da canteira azul e do primeiro equipo pontés, co que conseguiu o ansiado ascenso a Terceira División, que hoxe parece tan lonxano. Nos últimos anos estivo no equipo veciño do Somozas.
Foto cortesía RFEF