Amigus
As Pontes

MIGUEL ALVARIÑO CONSIGUE UN OURO E UNHA PRATA NOS XOGOS EUROPEOS

O ouro en Recurvo Mixto dalle praza en París 2024

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O deportista pontés Miguel Alvariño García ven de lograr dúas medallas este fin de semana nos Xogos Europeos que se están levando a cabo en Polonia.

Na competición por equipos, Miguel, Pablo Acha e Andrés Temiño, clasificados entre os oito primeiros coa terceira mellor marca, gañaban 5-1 a Ucraina e Suiza nos cuartos e semifinais, caendo polo mesmo tanteo na final ante Italia, co Campión Olímpico Mauro Nespoli, Paoli e Musolesi, acadando a medalla de prata.

Xeniais estiveron Miguel e a catalana Elía Canales na competición mixta, na que, coa cuarta mellor marca, gañaron sucesivamente por 6-2 a Austria, Turquía (co Campión Olímpico Mete Gazoz), e Alemaña. Xa na gran final impuxeronse a Ucraina por 5-1, polo que ambos lograron praza en París 2024.

Aínda queda a competición individual na que Miguel foi oitavo nas tiradas previas con 676 puntos, por 692 do Campión Olímpico Mete Gazoz.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto RFETA.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios