NOÉ CAMPIÓN DA LIGA DE VIETNAM

Venceu a Final Four co Hanoi Buffaloes Futsal

O xogador pontés de fútbol sala Noé Calvo Pardo ven de gañar esta pasada fin de semana a Liga de Vietnam 2018.

Noé, que esta tempada militou no Voscuore Sendai xaponés, unha vez rematado o seu periplo nipón, fichou nestas semanas polo Hanoi Buffaloes Futsal.

O seu equipo foi o mellor clasificado na liguilla previa que daba acceso as semifinais e da que quedaron eliminados Da Nang Dragons e Thang Long Warriors.

A Final Four tivo lugar esta fin de semana e no duelo entre segundo e terceiro clasificado Ho Chi Minh City Wings vencía a Saigon Heat 3-1 nos penaltis tras rematar 4-4 o encontro.

Algo máis doado o tivo o equipo de Noé xa que venceu 3-1 ó cuarto clasificado da liguilla, Can Tho Catfish, por 3-1.

Xa na gran final, nun trepidante encontro, o Hanoi gañaba ao Ho Chi Minh por 3-2 na quenda de penaltis, tras rematar o encontro con igualada a 6-6.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios