Nota de prensa CIG: Convocatoria concentración en defensa dunhas pensións públicas e dignas

A UNIÓN LOCAL DA CIG AS PONTES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DUNHAS PENSIÓNS PÚBLICAS E DIGNAS O XOVES 15 DE MARZO AS 19:30 DIANTE DA CASA DO CONCELLO.

A U.L. CIG As Pontes convoca esta concentración dentro da campaña que está a realizar o sindicato na defensa dun sistema público de pensións e unhas pensións dignas.

Nos úftimos tempos asistimos a continuos ataques, por parte do PP, ao sistema público de pensións. Estes ataques están encamiñados a privatización das pensión beneficiado así a banca e as grandes aseguradoras e deixando a clase trabal[adora en situación precaria lago dunha longa vida laboral.

As últimas reformas sobre as pensións, realizadas polo PP e PSOE, e coa complicidade activa de CCOO e UGT, dificulta o seu acceso e emprobécenas, ampliando os anos de de cotización e os anos de referencia para o calculo.

Dende a CIG mobilizámonos para denunciar as mentiras intencionadas que están a promover dende o Goberno do Estado Español e para esixir a administración que garantze unas pensións públicas dignas.

También podría gustarte
Comentarios