Amigus
As Pontes

Nota de prensa BNG: O PP ELIMINA AS PARTIDAS DE INFRAESTRUTURAS DO PLAN DO CARBÓN

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Para o BNG perigan os máis de 50 MЄ do Estado que As Pontes ten pendentes.
O último Consello de Ministros de 2011 e o primeiro do goberno do PP ven de supor a perda dos fondos do Plano do Carbón para infraestruturas, coa decisión da eliminación da financiación en compensación do cese de actividade da mineiría do carbón, incluída nas medidas de redución do gasto do acordo de non dispoñibilidade de cretos nos orzamentos do Estado para 2011 prorrogados para 2012.
Cunha interpretación menos pesismista, a decisión do PP implicaría a desaparición de 175 MЄ para financiar obras, dos que máis de 10 MЄ serían para Galiza, na súa maior parte para As Pontes. Xa o goberno do PSOE aplicara unha diminución de máis do 50% no ano pasado en todas as partidas do Plan do Carbón (infraestruturas, proxectos empresariais, becas, …).
O BNG ven denunciando en todas as institucións a actitude de desprezo e ninguneo que dende o Estado se estivo e se está a ter con Galiza e con As Pontes, situación agravada pola irresponsabilidade da Xunta e a colaboración do Concello, administracións que non foron quen de asinar os convenios co Ministerio antes do 31 de decembro, polo que, no mellor dos casos, terán que ser tramitados de novo.
Cando falta menos dun ano para o remate do Plan, As Pontes ten pendentes de recibir preto de 50 MЄ, aos que tería que sumarse o 25% de aportacións da Xunta e que só se concretaron cando a Consellaría de Innovación e Industria nacionalista do bipartito asinou convenios co Concello por 640.000 Є.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios