Amigus
As Pontes

O BERGANTIÑOS CONQUISTA A COPA RFEF

O equipo de Chus Cañizares será o representante galego nesta competición

O futbolista pontés Jesús Cañizares Sánchez, venceu este mércores na final galega da Copa Federación, na que o seu equipo, o Bergantiños, gañou na quenda de penaltis ó Ribadumia 3-2, tralo 2-2 co que remataron os 120 minutos.

Na súa traxectoria, o equipo de Carballo foi gañando sucesivamente ao Silva, nos penaltis (0-0, 8-7), ó Somozas (0-2), e 1-0 ó Arenteiro nas semifinais.

Cañizares participou en todos os encontros, sendo titular nos tres primeiros e na final saiu dende o banquiño, anotando un tanto na prórroga, nun partido que rematou 1-1 nos 90 minutos e 2-2 no tempo extra.

Na quenda de penaltis errou Chus, pero dado que os seus compañeiros Rivera, Sáez e Cano marcaron, e polos pontevedreses tan só o ex pontés Hugo Soto e Bugallo, os de Carballo lograron o título.

O xogador pontés está a ter un gran inicio de tempada co seu equipo, que é líder da Terceira, tras conseguir unha importante vitoria 2-3 na casa do anterior líder, o Compostela de Adrián López, e Cañi leva tres goles anotados en sete partidos.

Doble mérito para Chus, que xa gañara esta competición o ano pasado co Silva, tras vencer 2-1 ó Alondras.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía RFGF

También podría gustarte
Comentarios