O futbolista pontés Alex Cabarcos Souto ven de ascender á Segunda RFEF, a cuarta categoría do fútbol español, co seu equipo, o Bergantiños, este sábado, en As Eiroas, tralo triunfo ante a UD Ourense, por 3-1.
Coma queira que quedan tres xornadas e nove puntos por disputar, e o Bergantiños suma 67 puntos, por 57 do seu perseguidor Gran Peña, xa é campión matemático.
O lateral esquerdo pontés xogou os 31 encontros disputados ata o de agora de titular, e ademáis anotou dous goles ante o Paiosaco e Pontevedra B.
Magnífico camiño o do equipo de Carballo, que leva 19 triunfos, por 10 empates, e con só dúas derrotas, ante o propio Gran Peña por 3-2, e a semana pasada, co obxectivo xa casi conquerido, 2-1 en Pontevedra.
Na súa traxectoria, ademáis de xogar no CD As Pontes, Alex pasou polo Racing de Ferrol Xuvenil, Narón Balonpé, Racing Vilalbés, tres últimas temporadas no Somozas, e agora Bergantiños.
Foi asiduo na Selección Galega Xuvenil, coa que quedou Subcampión de España 2012 tras perder nos penaltis ante a Comunidade Valenciana, e das seleccións ferrolás de categorías inferiores.
Nova cortesía XF