O PONTÉS DANIEL PÁJARO ASCENDE A TERCEIRA DIVISIÓN

Logrouno este domingo en Rianxo

O futbolista pontes Daniel Pájaro Otero ascendeu este domingo co seu equipo, o Betanzos, a Terceira División.

Fixerono tras gañar 2-3 ao Unión Asados de Rianxo, equipo con apenas opcións de liberar do descenso que chegou a poñerse 2-0, pero tres goles consecutivos de Martín Lago, Iago Blanco e Justo Pardeiro preto do final deron os tres puntos aos betanceiros.

Os dous ascendidos son a Sarriana (83), cos ex ponteses Javi Liz e Óscar Rivas, e o Betanzos (82). Quedan ás portas o Boiro e o Noia, ambos con 79 puntos.

Daniel foi habitual medio centro do equipo betanceiro nesta campaña 2022-23, xogando 36 dos 38 partidos, 33 de titular, anotando cinco goles ante o propio Unión de Asados, Fisterra, San Tirso, As Pontes e Noia.

De seguir a vindeira campaña será o terceiro equipo co que xogue na máxima categoría do fútbol galego despois de As Pontes e Arzúa.

Tamén formou parte do equipo o xove pontés saído das categorías inferiores do CD As Pontes, Vicente Iglesias Ares, que tivo os seus minutos nos partidos ante o Fisterra e o Portomarín.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto Futgal

También podría gustarte
Comentarios