O APARRAL CELEBROU O SEU PATRÓN, SAN XOÁN BAUTISTA

A parroquia do Aparral celebrou o pasado sábado o seu patrón, San Xoán. A xornada festiva comezou con bombas de palenque, seguida da misa cantada pola Coral Airiños da Capela e a tradicional procesión arredor da igrexa e o cruceiro co acompañamento da banda de gaitas Alfaia e que discorreu sobre unha fermosa alfombra floral confeccionada polos veciños na tarde-noite do venres e na que estaban representados os símbolos máis emblemáticos desta parroquia pontesa situada na zona oriental do concello limitando co veciño de Xermade, xa na provincia de Lugo.
Ó longo da alfombra estaba representado o río que atravesa a parroquia, o Chamoselo, cos seus sete muíños (Candedo, Cornocelo, Casanova, Precordeiro, Batán, Sexe e Foxo), a capela da Santa do Carballo, a fonte das Boliqueiras, a barca de San Xoán, a pomba da paz, unha pila bautismal e rematando na parte superior, preto do cruceiro, cunha imaxe da Virxe María.
Despois da sesión vermú co Dúo Caramelo, máis de douscentos comensais degustaron as excelencias dun bo xantar. Á tardiña a música tocoulle ó Dúo Suso.
aparral_001.jpg


A PARROQUIA DO APARRAL
A parroquia do Aparral limita ó leste e sur co concello lugués de Xermade, ó norte coa parroquia das Pontes e ó oeste coa de Ribadeume. Ten uns dezaseis quilómetros cadrados e está escasamente poboada na actualidade, tan só 68 habitantes censados (217 en 1843 e 185 en 1975), que viven nas aldeas do Aparral de Abaixo (7 hab.), Cabeza dos Fornos (3), O Candedo (9), As Casas Ermas (6), A Casilla (2), A Cova (1), O Lombo da Fonso (3), Os Pedregás (2), O Pereiro (1), A Pedrafita (20), O Porvelo (3), O Precordeiro (1) e Sexe (10). Están deshabitados os lugares de Aparral de Arriba, A Besura, A Casa do Novil, O Cornocelo e O Palvelo.
Os cumes máis ó norte da serra da Loba chegan a esta parroquia, sobresaíndo a Medoña do Novil (572 m) e o monte Candedo (506 m). Atravesa a parroquia o río Chamoselo, que desemboca no Eume na propia vila, e os seus afluentes do Lavadoiro, Painceiro, Cocido e Sexe, ademais do río de Porto do Souto que fai de límite co concello de Xermade.
Á beira da estrada que vai a Vilalba, no lugar da Casilla, fundouse hai catro séculos, polos antepasados da familia Ledo Airado, a ermida da Santa do Carballo. Leva este nome xa que segundo a lenda a virxe apareceuse á xente nun carballo preto da actual capela, onde hai unha fonte coñecida como “Fonte da Virxe”. A primitiva ermida fora construída á beira do rego da Casilla, uns metros atrás da actual, que foi erixida por un descendente da familia fundadora antes de morrer en 1953 cando era cura de Somede.
Antigamente a festa patronal era o xoves da Ascensión. Na véspera do día grande eran traídas en procesión as imaxes de San Xoán e a da patroa do Aparral, dende a igrexa parroquial ata a ermida, de onde regresaban logo da misa.
A igrexa parroquial está situada nunha bonita paraxe rodeada de carballos e o seu entorno está nun excelente estado de conservación. Foi restaurada no ano 1999, sendo párroco o lembrado e querido don Enrique, o cura dos Chaos, e o seu campanario –separado da igrexa- en 2001.
No Aparral sitúase a fonte das Boliqueiras de augas ferruxinosas, sendo antigamente moi visitada por persoas vidas de distintos lugares para curar as súas doenzas.
O APARRAL EN 1845
APARRAL (Sta. María de): felig. en la prov. de la Coruña (11 1/2 leg.), dióc. de Mondoñedo (6 ½), part. jud. de Sta. Marta de Ortigueira (4 ½) y ayunt. de García Rodríguez: SIT. Sobre una superficie de una leg. cuadrada en un llano bien ventilado, y CLIMA templado y sano: tiene 42 casas que forman varios l. dispersos: la igl. parr. (Sta. María) es anejo de la de San Pedro Félix de Roupar, perteneciente a la prov. de Lugo y ayunt. de Germade; la indicada igl. es de una sola nave con tres altares, de los que el del medio está dedicado a San Juan Bautista, y el cementerio ventilado y capaz: el curato es de concurso general; los ornamentos y alhajas son muy pobres, y no tiene ninguna clase de renta. El TÉRM. confina por N. con el de la de Puentes, por E. con la de Roupar y Cabreiros, por S. con la de Piñeiro, Miraz y Germade de Lugo, y por el O. con la de Puentes, Vilavella y Piñeiro; abunda en aguas de fuente, y le atraviesa un r. de poco caudal. El TERRENO reducido a cultivo serán 100 fan. de sembradura; abunda en pastos y mucho arbolado de toda clase: los CAMINOS son vecinales y mal cuidados: el correo se recibe de la cap. del part.: PROD. trigo, centeno, avena y patatas; cria ganado vacuno, caballar, lanar, cabrío y de cerda; hay caza de liebres y perdices: IND.: á más de la agrícola, hay varias tejedoras de lienzos y lanas del país, y algunos molinos harineros: POBL. 43 vec.: 217 alm.: CONTR. con su ayunt. (V.).
Transcrición do Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus Provincias de Ultramar, de Pascual Madoz (Madrid, 1845)
Aparral, 25 de Xuño de 2012 (AF)
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
aparral_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios