O As Pontes Cadete conquistou esta mañá en Ares o título de Liga logo de vencer ó Numancia por 0 goles a 9. Necesitaban os tres puntos os ponteses e saíron desde o principio a pola vitoria, e de feito adiantaronse no minuto 6´ por medio de Alex Cabarcos, anque antes deste tanto xa dispuxeran de dúas boas ocasións. Os azuis sentenciaron o encontro e o título na primeira metade tralo 0-5 co que se chegou ó descanso cos goles de Rubén (10´), Chungui (17´34´) e Gogas (23´). Sen embargo, na segunda metade, coa Liga conquistada e con Calpìta dando descanso ós xogadores máis resolutivos, o As Pontes seguiu dando un recital e redondeou o marcador con catro goles máis, Chungui (44´), Gogas (55´), Manu, de penalti (72´) e Darío (78´), que puido marcar outro gol máis pero o balón petou no pau. En definitiva, brillante triunfo da canteira do CD As Pontes que suma o seu segundo título do ano tralo conquistado hai unhas semanas do equipo alevín, que tamén gañou a Liga. Triunfo de gran nivel tendo en conta o disputada que estivo a competición, que ata tres equipos, os mellores da categoría, chegaron á última xornada con posibilidades de gañar o título, pero definitivamente a copa viaxou a As Pontes que sacou un punto de ventaxa ó Galicia de Caranza, segundo, e tres ó Cebraca, terceiro. O mentor destes rapaces, Calpita, alineou neste encontro a Beto (Cristian 64´), Samu (Isma 40´), Simón, Toti, Diego, Rubén (Darío 53´), Juan, Chungui (Pita 70´), Gogas(Capela 70´), Alex Cabarcos e Manu. Ó redor de 100 espectadores de As Pontes acudiron a animar ós rapaces a Ares nunha mañá soleada e fresca.

Partidos Liga
Mugardos 1 As Pontes 3 As Pontes 6 Mugardos 0
As Pontes 5 Meirás 0 Meirás 0 As Pontes 2
Caranza 1 As Pontes 0 As Pontes 1 Caranza 2
As Pontes 5 Numancia 0 Numancia 0 As Pontes 9
Racing Ferrol 1 As Pontes 3 As Pontes 9 Racing Ferrol 0
As Pontes 5 Ánimas 0 Ánimas 1 As Pontes 2
Cedeira 1 As Pontes 8 As Pontes 6 Cedeira 0
As Pontes 4 Ortigueira 0 Ortigueira 0 As Pontes 1
Cebarca 2 As Pontes 1 As Pontes 2 Cebarca 1
As Pontes 3 O Val 0 O Val 1 As Pontes 2
As Pontes 3 Narón 0 Narón 0 As Pontes 1
Perlío 0 As Pontes 2 As Pontes 8 Perlío 0
As Pontes 3 Portuarios 0 Portuarios 1 As Pontes 9
As Pontes 6 Eume 0 Eume 0 As Pontes 3
Calsificación Final
1º As Pontes 75 puntos
2º Galicia Caranza 74 puntos
3º Cebarca 72 puntos
4º Ánimas 49 puntos (-1 partido)
5º Narón 46 puntos (-1 partido)
6º O Val 43 puntos (-1 partido)
7º Ortigueira 40 puntos (-1 partido)
8º Eume 33 puntos
9º Portuarios 29 puntos (-1 partido)
10º Perlío 28 puntos (-1 partido)
11º Numancia Ares 27 puntos
12º Racing Ferrol 22 puntos
13º Galicia Mugardos 21 puntos (-1 partido)
14º Meirás 18 puntos (-2 partidos)
15º Cedeira 8 puntos (-1 partido)
16º San Pedro Retirado da competición























Nova cortesía de Xóse Ferreiro