Amigus
As Pontes

O directorio de empresas de Software Libre xa conta con máis de 30 empresas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo mancomun.org:
“O directorio de PEME de Software Libre de Galiza xa conta con máis de 30 empresas rexistradas. Cada vez son máis as compañías que ofrecen produtos e servizos de software libre aos seus clientes e a súa actividade é un piar fundamental para o desenvolvemento e mantemento da tecnoloxía aberta.”…


…”.ende a concepción do proxecto Mancomun.org considerouse como imprescindible a constitución dunha masa crítica de empresas que poidan ofrecer ás PEME e á administración unha oferta sólida e permanente de solucións de Software Libre. O obxectivo do directorio é que os clientes poidan localizar no mercado galego as mellores solucións baixo estándares abertos.
A inscrición neste directorio está aberta a calquera empresa TIC que ofreza servizos ou produtos ao redor do Software Libre. Unha vez solicitada a alta o equipo do portal fai un seguimento para ver se cumpre as condicións requiridas.
Este directorio recolle a empresas adicadas a algunha destas cinco actividades:
* Desenvolvemento/adaptación de Software Libre
* Soporte técnico en Software Libre
* Consultoría en Software Libre
* Formación en Software Libre
* Implantación de Software Libre
As empresas interesadas en participar deben cubrir este formulario. É necesario que indiquen que produtos e servizos específicos ofertan. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios