O Esteo, flamante campión de liga de Terceira División e novo equipo da Segunda B, enfróntase este xoves ó Baku United Futsal, de Londres, equipo da liga nacional inglesa, que se atopa nestes días na Mariña luguesa realizando a preparación para o título de liga que dá dereito ó ascenso á Super League, a máxima categoría do fútbol sala inglés. Primeiro hai unha fase de grupos, na que o Baku gañou o primeiro partido o pasado domingo diante do Loughborough FS por 6-1.
Este club londinense está adestrado polo técnico viveirense Daniel Ladra, que substituíu a Chema Jiménez, ex adestrador do Inter Movistar, que deixou o equipo por asuntos persoais. Anteriormente estivo no London Futsal, que tamén disputa a fase de ascenso. No Baku United están os galegos Adrián Yáñez, Bruno Girón e Rubén Turero, que non puido viaxar por asuntos laborais, ademais do malagueño Kevin.
O partido comezará ás oito e media da tarde (20,30) no pavillón municipal da Fraga. O prezo da entrada será de dous euros.
Nova cortesía de A.F.