O Mes da Saúde da Muller abriase onte cunha charla sobre metodos anticonceptivos

[aspontes.com] Desmentir falsas crenzas e dar a coñecer as múltiples e seguras opcións que presenta o mercado farmaceutico e sanitario para previr os embarazos non desexados. Esta foi a base da charla que, na tarde de onte, se ofrecía na biblioteca municipal incluída no programa Mes da Saúde da Muller que organizou o concello, a través do departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller.


Media ducia de veciñas acudiron á convocatoria que estivo dirixida por Luisa e Ana, integrantes da organización Cruz Vermella Xuventude, que deron a coñecer ás asistentes métodos coma as pílulas anticonceptivas, os espermicidas e o máis importante como facer un bo uso dos mesmos para contar coa protección total á hora de evitar un embarazo.
Como introducción, as expertas fixeron un pequeño resumo sobre conceptos tan diferentes como son o sexo, a sexualidade e a sensualidade, ideas que malia semellar moi similares agochan importantes diferencias xa que non ten nada que ver un home cunha muller, a orientación sexual e o emprego dos nosos sentidos para atraer á persoa que nos guste que do que se trata a sensualidade.
Asemade tamén se abordaron temas coma o cancro de mama, dando sinxelas indicacións ás asistentes sobre como detectar un posible tumor nun peito, ou procesos naturais que afectan á muller coma a primeira mestruación ou monarquía ou a menopausia.
A parte máis extensa da charla tivo como protagonistas os diferentes métodos anticonceptivos existentes no mercado e que van dende os que basean a súa composición nas hormonas ata os coñecidos como tipo barrera ou os dispositivos intrauterinos.
Así as cousas, os diferentes tipos de pílulas, parches, aneis ou inxectables anticonceptivos descubriron os seus segredos, efectos secundarios e avantaxes diante das participantes nesta charla. Asemade, tamén foi posible coñecer como actuan e se colocan outros dispositivos coma o preservativo feminino, o diafragma, o diu ou o preservativo xa clásico para os homes.
Ao longo desta charla moitas foron as dúbidas que recibiron solución por parte das expertas e que desmontaron falsos mitos coma que tendo o período unha muller non pode quedar embarazada ou que é necesario tomar dobre dose dunha pílula anticonceptiva no caso de que nos esquencesemos da mesma un día.
Por outra banda, tamén se fixo fincapé na necesidade de acudir a unha revisión xinecolóxica de forma periódica e sobre todo ante calquer tipo de sospeita ou dúbida ademáis de evitar a automedicación de métodos anticonceptivos xa que cada muller é diferente polo que é preciso escoller o sistema axeitado para cada caso específico.
E se vostedes quedaron con ganas de asistir a esta charla, teñen unha nova oportunidade o vindeiro día 20 xa que estase a organizar un obradoiro de erótica dirixido tamén ao público feminino. As interesadas en anotarse tan só se teñen que poñer en contacto co Centro de Información á Muller a través do 981 44 10 08, xa que as prazas son limitadas.

También podría gustarte
Comentarios