OpenGoo, suite ofimática e colaborativa, en forma de aplicativo web en liña
Lendo mancomun.org:
“OpenGoo é unha completa solución ofimática en liña, orientada principalmente á produtividade, colaboración, comunicación e xestión dos equipos de traballo.
Con OpenGoo, os distintos equipos de traballo poden crear e colaborar en tarefas como:
-Creación de documentos de texto
-Creación de follas de cálculo (dispoñíbel nun curto período de tempo)
-Creación de presentacións
-Xestión e listas de tarefas
-Xestión do correo-e
-Calendarios
-Contactos
-…”…
…”OpenGoo está pensada para ser instalada na intranet de calquera empresa e que os documentos se garden neste de maneira centralizada.
OpenGoo é un aplicativo web que necesita da tecnoloxía LAMP: un servidor Apache 2.0 ou superior, PHP 5.0 ou superior (recoméndase 5.2 ou superior) e unha base de datos MySQL 4.1 ou superior compatíbel con InnoDB.
É posíbel acceder a unha versión demo desde a seguinte ligazón:
http://demo.opengoo.org/“…
Fonte: mancomun.org