Amigus
As Pontes

Os usuarios da pista Os Alimpadoiros – Pena do Castelo denuncian o lamentábel estado do firme

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Afirman que o concello limítase a botar grava nalgúns socabóns e non asfaltan dende hai máis de 4 anos

1.JPg


Os usuarios da pista que une os lugares de Os Alimpadoiros e A Pena do Castelo denuncian o lamentábel estado da mesma e aseguran que os seus vehículos están sentindo o desgaste de atravesar tódolos días esta vía. Os máis prexudicados son os veciños das parroquias de Espiñaredo e Vilabella, que empregan esta vía para acceder ás súas propiedades.
Hai que dicir ademáis que esta vía foi empregada durante meses como alternativa a algúns transportes especiais e ás obras da estrada C-641 e enlace coa AC-142, soportando un tráfico moi elevado para o que non se acondicionou debidamente o firme da mesma.
Onde sí se amañou o firme, foi no treito que transcorre entre os lugares de Alimpadoiros e Grou, no que se botou unha capa de asfalto e pintáronse as sinalizacións correspondentes. Dende aquí até o cruce coa estrada AC-110 que se dirixe ás Somozas, o estado de abandono no que se atopa a vía fai lembrar tempos pasados onde aínda os carros transitaban polas corredoiras.
Sendo a saída natural polo oeste da vila, esta vía soporta un tránsito de vehículos considerábel tendo en conta o estado no que se atopa. Moitos veciños que a empregan, teñen que sortear contínuos socabóns que nalgúns casos son inevitábeis se queren transitar pola mesma.
O treito á altura de Cheiván transcorre en diferentes puntos polo Concello das Somozas, mais na súa maioría atópase situado dentro do termo municipal do Concello das Pontes.
Nos últimos meses a vexetación que flanquea a mesma medrou tamén de xeito considerábel, producindo as consecuentes carencias de visibilidade en determinados puntos do treito e incumprindo a recientemente publicada Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece unha limpeza dos marxes nos 2 metros dende a aresta exterior da vía ou camiño forestal.

2.JPG
3.JPG
4.JPG
5.JPG
6.JPG
7.JPG
8.jpg
9.JPG
10.JPG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios