Amigus
As Pontes

A Fraga a día de hoxe

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O acondicionamento do parque da Fraga de Dona Rita, un dos pulmóns da zona urbana e coñecida zona de lecer dos ponteses, está en marcha dende xa hai algún tempo. Colgo algunha imaxes tomadas antonte nese lugar, onde se pode ver algunha das modificacións que se están levando a cabo.

afragaenobras1.JPG


Algunha das obras que se están a acometer son: construcción de paseos polo medio das árbores aproveitando os camiños feitos antes sobre da herba, unha especie de miradores-cobertizo á beira do río Eume, un paseo arredor da Fraga que conectaría có que vai dar ó encoro da Ribeira, a eliminación do recinto que rodeaba ó espacio natural, a eliminación das antigas intalacións da feira do gando, ¿a construcción de pontes sobre do río? (sospéitoo por unhas bases de formigón que hai situadas a carón das dúas beiras do mesmo), a instauración e posterior recuperación da estatua na honra de Xosé María Rivera (pontés fundador de Estrella Galicia)…
O que non está claro é a data de finalización da obra e si a Fraga e os seus novos complementos aguantarán o paso de miles de romeiros os vindeiros 23, 24 e 25 de Xullo.
Tampouco está claro si á Festa da Fraga haberá que ir cumprindo coas normativas da Inspección de Traballo: casco, gafas de protección, etc.

afragaenobras2.JPG
afragaenobras3.JPG
afragaenobras4.JPG
afragaenobras5.JPG
afragaenobras6.JPG
afragaenobras7.JPG
afragaenobras8.JPG
xmrivera.JPG
afragaenobras9.JPG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios