Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 13-14-15 ABRIL

Complicada visita do As Pontes ó Residencia de Lugo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Trala dolorosa derrota ante o líder Polvorín ó As Pontes non lle queda outra que tentar gañar os máximos puntos posibles nos sete encontros que lle restan, buscando achegarse ós cinco puntos de ventaxa que conserva o segundo, Paiosaco, que ten que pasar por O Poboado.

Sen descoidar ó Ribadeo, que tamén se suma á pelexa, dado que está a 7 puntos do segundo posto pero cun partido menos, equipo que támén ten que pasar por O Poboado.

Este domingo terán un complicado encontro na Cheda, en Lugo, ás 18:00 horas, en encontro arbitrado por Héctor Castiñeira Blanco (A Coruña), co SDC Residencia, decimo sexto clasificado con 34 puntos.

Terreo de xogo complicado onde sen ir máis lonxe perdeu o Polvorín (1-0) ou só puido empatar o Paiosaco (1-1). Mauro leva 9 goles e Daniel Galán 8. Non poderá xogar Adrián Martínez, que cumpre ciclo de cinco cartóns.

O resto de equipos, agás o xuvenil, xogará a domiclio ou na Capela. O feminino sen ir máis lonxe, no mellor dos casos botará máis de dous meses sen xogar en casa.

PREFERENTE
SDC RESIDENCIA-CD AS PONTES (A CHEDA. DOMINGO 15, 18:00)

FEMININO
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (OS CALZADOS. DOMINGO 15, 11:30)

XUVENIL
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (SÁBADO 14, 17:00)

CADETE
CD CARIÑO-CD AS PONTES (SÁBADO 14, 12:00)

INFANTIL
RACING FERROL B-CD AS PONTES (VENRES 13, 18:00)

ALEVÍN
CEDEIRA SD-CD AS PONTES A (SÁBADO 14, 11:00)
CD AS PONTES B-CD NARÓN B (OS CALZADOS. SÁBADO 14, 11:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (OS CALZADOS. VENRES 13, 18:30)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (SÁBADO 14, 10:30)

PREBENXAMÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (VENRES 13, 18:00)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD (OS CALZADOS. VENRES 13, 17:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios