PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 16-17-18 FEBREIRO

Complicado partido do As Pontes ante o Castro

Este domingo xogarán no Poboado, despois de dous partidos consecutivos a domicilio, dous vellos coñecidos de Terceira División a campaña pasada, o As Pontes e o Castro.

Será ás 16:30, arbitrado por Rubén Pérez Martínez (Ourense). Os ponteses son cuartos con 44 puntos e os lucenses sextos con 41, o que da unha idea da importancia do encontro para ambos equipos.

Ademais, os lucenses quererán resarcirse do 0-3 da ida. A domicilio xa conseguiron vencer ante o Dubra e o líder Paiosaco e empatar en Arzúa.

Dende que comezaron a segunda volta con derrota na casa ante o terceiro Ribadeo, levan catro partido sen perder.

Sete goles leva Omar, e cinco Javi Fraga, Jose Castro e o ex do As Pontes, o gran Iván González. Tamén, con pasado pontés, está o medio centro Diego Núñez.

Non poderá ser da partida, polo quinto cartón, Diego Rego. A tempada pasada, 2-1 no Arturo Pereiro, e 1-1 no Poboado. Nos encontros oficiais en terreo pontés, catro vitorias e dous empates.

PREFERENTE
CD AS PONTES – CD CASTRO (DOMINGO 18, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES (DESCANSA)

XUVENIL
CD AS PONTES – SRD NUMANCIA DE ARES CF (MANIÑOS. SÁBADO 17, 16:15)

CADETE
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (VENRES 16, 19:00)

INFANTIL
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (SÁBADO 17, 10:00)

ALEVÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF – CD AS PONTES A (VENRES 16, 18:30)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO B (SÁBADO 17, 10:30)

BENXAMÍN
SCD GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES A (VENRES 16, 18:45)
CD AS PONTES B – SCDR NARÓN O FREIXO B (SÁBADO 17, 12:50)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A – SCDR ÁNIMAS (SÁBADO 17, 11:40)
CEDEIRA SD B – CD AS PONTES B (SÁBADO 17, 12:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios