PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 2-3-4 MARZO

Complicado partido do As Pontes ante o Atlético Arteixo

O As Pontes recibe este domingo, 17:00, a un complicado rival como o Atlético Arteixo, en encontro arbitrado por Xesús Fontes Mosqueira (Santiago).

O cadro arteixán é un caso curioso coma o do Xallas. Comezou a Liga nos postos de abaixo, e a día de hoxe está a un só punto dos ponteses.

De feito, na visita do cadro azul a Ponte dos Brozos, os ponteses eran terceiros con 13 puntos e os coruñeses penúltimos con cinco, estando na xornada anterior de últimos con só dous.

Nun encontro que comezou con dominio absoluto do As Pontes, na única aproximación local, nunha xogada sen perigo, tras un inocente penalti, chegaron os tres puntos locais.

De aí ata o de agora o cadro arteixán suma unha boa racha, de feito se nas seis primeiras xornadas perdeu catro encontros, nas vinte seguintes apenas perdeu tres, ante Polvorín, Dubra e Sofán.

Gañou a domicilio ó Arzúa, ou na casa ante o Castro, feudo no que tamén gañou con contundencia 3-0 ó líder Paiosaco.

Dirixido polo mítico Mauro García Juncal, ex xogador de Primeira, conta nas súas filas co ex xogador pontés Dapo, ou Javier Manjarín fillo. Otero leva dez tantos, e o ex compañeiro de Rochela nas categoría inferiores do Deportivo, Dani Bea, sete.

No As Pontes está adestrando desde esta semana o medio centro cedeirés Toni Rodríguez, que xa estivera dúas tempadas no equipo, unha no B, e outra no de Terceira. Polos visitantes será baixa Alex Montes.

Nos partidos no Poboado, dous empates en Terceira, e un triunfo local en Preferente.

PREFERENTE
CD AS PONTES-ATLÉTICO ARTEIXO (DOMINGO 4, 17:00)

FEMININO
UD CEBARCA-CD AS PONTES (SÁBADO 3, 16:30)

XUVENIL
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (SÁBADO 3, 17:00)

CADETE
CD AS PONTES (DESCANSA)

INFANTIL
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES (VENRES 2, 19:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (VENRES 2, 17:30)
CD AS PONTES B-MEIRÁS CF B (SÁBADO 3, 11:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL (SÁBADO 3, 12:40)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (VENRES 2, 18:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA B (VENRES 2, 18:30)
EF RACING DE FERROL B-CD AS PONTES B (VENRES 2, 18:15)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios