PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 21-22 DECEMBRO

O As Pontes remata o ano recibindo ó colista Estudiantil

O As Pontes recibe este sábado, 18:00, en partido arbitrado por Carlos Quintas Lorenzo (Ourense), á Agrupación Estudiantil, equipo que marcha último clasificado, pero ante o que non hai que confiarse, e menos no derradeiro partido antes do parón das festas de Nadal.

O conxunto pontevedrés, que durante o verán sopesou arrincar dende a Terceira Autonómica, definitivamente decidiu manter a categoría, pero confeccionou un plantel xa comezada a pretemporada, de perfil baixo, con presas, e sobre a marcha, e sen apenas integrantes da campaña pasada, o que o levou a facer un mal inicio de Liga. 

Pouco se pode salvar desta primeira volta do equipo da Estrada, pero si que co paso dos partidos o plantel se foi asentando, obtendo resultados menos abultados, alcanzado o seu máximo esplendor coa vitoria hai catro xornadas na casa da Sarriana (1-2), equipo revelación ata o momento e que só levaba unha derrota. Tamén empataron 0-0 co Castro, ou co Ordes, aínda que acabaron perdendo por aliñación indebida.

Os seus xogadores máis perigosos son Adrián e Manu, con cinco tantos cada un, máis da metade dos que leva o equipo. Non enfrontamentos entre ambos conxuntos, 0-3 e 0-5 a domicilio, pero un axustado 1-0 na campaña pasada. 

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL (SÁBADO 22, 18:00)

FEMININO
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES (O POTE, SÁBADO 22, 16:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (SÁBADO 22, 16:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (VENRES 21, 17:30)

CADETE
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 22, 10:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-FC ORTIGUEIRA (SÁBADO 22, 16:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 22, 11:45)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

BENXAMÍN
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES A (GÁNDARA, VENRES 21, 18:00)
CD AS PONTES B-SD O VAL (SÁBADO 22, 12:50)

PREBENXAMÍN
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (PRADOS VELLOS, SÁBADO 22, 12:00)
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (VENRES 21, 19:20)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios