PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 23-24-25 FEBREIRO

Complicado partido do As Pontes en Ordes

O As Pontes visita este domingo o Campo de Vista Alegre para enfrontarse ó Ordes, en encontro arbitrado por Álvaro Valín González (Lugo).

Os da terra do queique, que aspiraban ó ascenso, non están tendo a temporada soñada, xa que son novenos con 36 puntos, a nove dos ponteses, cuartos, sen por elo deixar de ter un gran equipo.

É dos máximos goleadores da categoría, de feito suma os mesmos que o líder Paiosaco, 45, pero tamén recibe moitos, e con 41 só cinco equipos na categoría recibiron ata o de agora máis tantos que os verdes.

É un conxunto con moitos altibaixos, sen ir máis lonxe, na casa goleou 7-1 nin máis nin menos que ó Ribadeo, un dos equipos con máis visos de ascenso, pero tamén foi goleado polo Polvorín (1-6), e perdeu con Paiosaco e Dubra.

Chiño leva 12 goles, o terceiro máximo goleador da categoría, e Johny 8. Ordes e As Pontes atopáronse en moitas ocasións en partidos oficiais. Nos encontros ligueiros en Vista Alegre dez triunfos para cada equipo e cinco empates.

PREFERENTE
ORDES SD-CD AS PONTES (DOMINGO 25, 17:00)

FEMININO
CD AS PONTES-SCD GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 24, 16:30)

XUVENIL
CD AS PONTES (DESCANSA)

CADETE
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (VENRES 23, 17:15)

INFANTIL
CD AS PONTES-SDR NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 24, 11:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL C (SÁBADO 24, 10:30)
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES B (VENRES 23, 19:10)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-CCRD PERLÍO (SÁBADO 24, 12:50)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (VENRES 23, 18:00)

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES A (VENRES 23, 18:00)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA (SÁBADO 24, 11:40)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios