PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 ABRIL

O As Pontes visita o domingo ao Ribadeo

Despois de asegurar o título e o ascenso, e tralo parón de Semana Santa, o As Pontes retoma a competición visitando o domingo o complicado Pepe Barrera, 16:30, en encontro arbitrado por Martín García Gómez (A Coruña). 

O equipo da Mariña é sexto clasificado, o mellor dos que non forman parte do quinteto de cabeza, cunha gran segunda volta, na que suma nove triunfos, tres empates e só dúas derrotas.

O Pepe Barrera é un fortín e só o Arzúa conseguiu gañar aló, 1-2. Polo demáis, oito triunfos e sete empates do equipo local. 

O gran Mauro Poratti con oito tantos é o máximo goleador. Si ben nos duelos no Poboado o As Pontes suma doce triunfos por unha soa derrota, máis igualados son os partidos no Pepe Barrera con cinco triunfos para cada equipo e dúas igualadas. 

Que iso si, non gañan os azuis dende a 1983-84. Nas tres últimas visitas un empate e dúas derrotas.

PREFERENTE NORTE

RIBADEO FC-CD AS PONTES (PEPE BARRERA, DOMINGO 28, 16:30)

FEMININO

CD ROSALÍA-CD AS PONTES (O LAMEIRO, SÁBADO 27, 17:00)

XUVENIL A

CD AS PONTES A-URAL CF B (SÁBADO 27, 17:00)

CADETE

AD MIÑO-CD AS PONTES (GALLAMONDE, SÁBADO 27, 11:30)

INFANTIL

ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES (A GÁNDARA 1, VENRES 26, 19:30)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-MEIRÁS CF B (VENRES 26, 17:30)
ÁNIMAS SCDR -CD AS PONTES B (A GÁNDARA 3, VENRES 26, 18:00)

BENXAMÍN

CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 27, 11:00)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (VENRES 26, 19:15)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-CEDEIRA SD B (SÁBADO 27, 12:00)
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES B (A GÁNDARA 4, VENRES 26, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios