Amigus
As Pontes

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 29-30 SETEMBRO

O As Pontes visita ao Ordes na sexta xornada.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes visita este domingo o Campo de Vista Alegre, 18:00, en encontro arbitrado por Sergio Míguens (Santiago), para xogar co histórico Ordes.

O equipo da terra do queique é duodécimo con 6 puntos. Comezou moi ben gañando 0-2 en Dubra. Sen embargo, despois perdeu 0-1 coa Sarriana, nos 90 minutos só empatou 0-0 co colista Estudiantil (acabou 0-3 por aliñación indebida), e nos dous últimos encontros perdeu 2-3 co Viveiro e 3-1 en Arzúa.

Non deixa de ter moi bo equipo, ten bastantes xogadores do ano pasado, e son novos Martín (Arenteiro) e Emilio (Noia), que veñen da Terceira, o ex goleador do Arzúa, Iván García, con 14 tantos o ano pasado, o lateral Puyol, ademáis de catro xogadores do Estudiantil.

Moita igualdade nos partidos oficiais en Vista Alegre, que se resolven en dez triunfos para cada equipo, por seis empates.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD ORDES (VISTA ALEGRE. DOMINGO 30, 18:00)
FEMININO
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (OS PINARES. DOMINGO 30, 12:00)
XUVENIL A
CD AS PONTES-SD O VAL (SÁBADO 29, 18:00)
XUVENIL B
CD NARÓN A-CD AS PONTES B (O CADAVAL. SÁBADO 29, 18:30)
CADETE
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 29, 16:15)
INFANTIL
CD AS PONTES-EF RACING DE FERROL (SÁBADO 29, 11:30)
ALEVÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS B (SÁBADO 29, 10:15)
CD AS PONTES B (DESCANSA)
BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 29, 11:25)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (OS PINARES. SÁBADO 29, 11:00)
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA CARANZA B (SÁBADO 29, 12:35)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios