O CD As Pontes tentará este domingo voltar á senda da vitoria nun encontro no que recibe ó Ordes. Tras dúas igualadas consecutivas a domicilio, e debido ao gran duelo por detrás pola segunda praza entre catro equipos, separados apenas por tres puntos, Viveiro e Sarriana recurtaronlle catro puntos, e Noia e Arzúa dous.
Seguese mantendo un colchón de 15 puntos e cinco partidos sobre o ascenso, pero aínda quedan catorce xornadas por disputarse. Este domingo no Poboado, as 16:30, en encontro arbitrado por Julián Buján Vidal (Santiago), recibese ó Ordes.
O equipo da terra do queique é un histórico do fútbol galego, aínda que non está a atravesar os seus mellores momentos. Son decimoséptimos, con 28 puntos, iso si, so dous por debaixo do Foz, noveno pola cola.
Tivo unha moi mala racha entre a xornada 4 e 12 nas que apenas conseguiu dous empates, pero dos últimos doce encontros logrou gañar a metade. Destacan un 4-0 ao Ribadeo, 0-2 e 2-1 ó Dubra, e 1-2 en Boimorto.
Incorporaron esta campaña a Iván García, que anotara 14 goles co Arzúa, e Roi Peiteado, que marcara 9 co Estudiantil, aínda que no curso deste exercicio o máximo goleador do equipo é Víctor Hervés, con 7 tantos.
O Ordes é un dos equipos cos que máis veces se enfrontou o As Pontes en competición oficial, con 17 vitorias no Poboado, cinco empates e catro triunfos visitantes.
PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-ORDES SD (DOMINGO 10, 16:30)
FEMININO
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 9, 16:30)
XUVENIL A
CD AS PONTES-BETANZOS CF (SÁBADO 9, 16:30)
XUVENIL B
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 9, 12:00)
CADETE
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (A GÁNDARA 1, SÁBADO 9, 10:15)
INFANTIL
SD O VAL B-CD AS PONTES (SINDE, SÁBADO 9, 12:00)
ALEVÍN
CD AS PONTES B-CD AS PONTES A (SÁBADO 9, 10:45)
BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (VENRES 8, 19:15)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA B (VENRES 8, 17:50)
PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (O BECO, SÁBADO 9, 12:00)
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO (VENRES 8, 19:00)
Nova cortesía de Xose Ferreiro