PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 9-10 FEBREIRO

Complicada visita do As Pontes ó Xallas este sábado

O As Pontes ten un partido a domicilio por segunda semana consecutiva e xogará este sábado ás 16:30 contra o Xallas no Campo da Fontenla, en encontro arbitrado por Alberto Martínez Míguez (Santiago).

A pasada xornada solventou ben a súa papeleta no Saviñao 0-2, se ben semella que no seu desprazamento a Santa Comba desta fin de semana será moito máis complicado.

O equipo verdinegro tivo un moi mal inicio de Liga, incluso nas dez primeiras xornadas só gañou un partido, sendo colista. Agora ben, nas trece seguintes só perdeu ante o Ribadeo, e suma sete vitorias e cinco empates, con dez puntos nas últimas catro xornadas.

E así pasou de ocupar a última praza con seis puntos a situarse agora décimos con 32. Julián leva sete tantos e Alex Blanco seis.

No bando pontés, sen novidades no plantel, o equipo agradece a volta tras sanción de Pardo e Fidi, e cumplirá ciclo Pablo Ramos que non poderá ser convocado.

PREFERENTE
XALLAS FC-CD AS PONTES (SÁBADO 10, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (SÁBADO 10, 16:00)

XUVENIL
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (SÁBADO 10, 12:00)

CADETE
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (SÁBADO 10, 16:30)

INFANTIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (VENRES 9, 18:45)

ALEVÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (VENRES 9, 18:30)
CD AS PONTES B-UD CEBARCA (SÁBADO 10, 11:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES (SÁBADO 10, 12:10)
CD NARÓN C-CD AS PONTES B (VENRES 9, 19:30)

PREBENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (SÁBADO 10, 12:00)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD (VENRES 9, 17:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios