PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – CD BOIRO 0

Reparto de puntos no duelo ante o líder

Empate sen goles no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo do Poboado. Fixo algo máis por levar os tres puntos o As Pontes, pero ao final o empate podese dar por bo.

Por parte local resaltar unha boa xogada de Berto que pica o balón ante a saída dun defensa e remata a rentes do pau, unha acción na que aparecen compeltamente sos no segundo pau Berto e Criado, e este último remata a medio metro da porta salvando in extremis Juan. O propio Criado non alcanza a rematar un perigoso centro de Brais que se pasea pola área pequena.

Tamen resaltar un bo disparo de Lucki, o autor do gol 3.500, do que falaremos, que rexeita un defensa baixo paus. Pero nesa tesitura tamén tiveron dúas moi claras os visitantes, un remate no primeiro tempo de Piñeiro que salva Berto sobre a liña, e unha ocasión moito máis clara do propio xogador, completamente so, preto do final, na que está Paco salvador.

Xogaron Paco, Criado (Moreda 83´), Berto, Iván (Montes 60´), David, Traba, Lucki, Toni, Vilela (Brais 65´), Sergio (Jaime 65´), Bellas (Edgar 76´). Polos visitantes Juan, Paco, Pablo (expulsado no 88´), Borja, Saviola, o ex azul Eloy, Romero, Suso, Juanma (Astray 77´), Jon (Calo 77´), Piñeiro (Luis 88´).

Reparto de puntos que deixa ao Boiro con 16 virtualmente salvado, e transcendental partido que se xogará a vindeira semana entre As Pontes (11) e Xallas (10).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios