Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – CD BOIRO 3

Derrota do As Pontes no tempo de desconto

En partido aprazado pola forte choiva da décima xornada, enfrontabanse este sábado ponteses e boirenses para despedir o 2023.

E o encontro non puido ser peor para os locais, pois os visitantes adiantaronse nada máis comezar o encontro, e pese a que os azuis conseguiron empatar por dúas ocasións, por medio de Traba, e Rivera no tramo final, os de Barraña puxeronse por diante tres veces e a última xa foi no tempo de desconto, sen marxe para reaccionar.

Sorte que no anterior partido na casa, un sufrido triunfo, o único nas 12 últimas xornadas, 1-0 ante o San Tirso, deu algo de aire a un As Pontes que remata o ano moi apurado, cuarto pola cola cos mesmos 17 puntos que o Victoria coruñés, que marca a criba do descenso, e ao que hai que visitar no inicio da segunda volta.

Comezarán o 2024 o día despois de Reis visitando nunha final ao ascendido Miño, que está a realizar unha magnífica campaña, sétimo con 25 puntos, contando coa mala experiencia comarcal do único triunfo do Eume nesta campaña.

Xogaron Pita, Criado, Coello (Vila 67´), Castilla, Traba, Jandro, Vilela, Echavarri, Dani, Manso (Samuel 80´), Michel (Rivera 71´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios