Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – CIDADE DE RIBEIRA CF 0

Segundo triunfo do As Pontes na casa e liderato

Triunfo do As Pontes no Poboado 2-0 ante o Cidade de Ribeira, terceira vitoria na Liga, en partido disputado hoxe en tarde moi soleada no Campo do Poboado, correspondente á cuarta xornada na que o equipo azul logra o liderato con dez puntos, dous máis que o Lemos.

O cadro local sentenciou o partido no primeiro cuarto de hora, tras un golazo de Cayetano por alto desde uns 30 metros co porteiro visitante adiantado, e inmediatamente despois gol de Ruben Rivera cando o atacante coruñés lle gaña a partida a un defensa e marca de tiro cruzado ante o porteiro.

De ahí ao final do encontro os visitantes buscaron o empate sen grandes ocasións con aproximacións salvadas por Pita ou pola defensa.

O As Pontes está na mesma situación que a campaña pasada a estas alturas, con dez puntos en catro partidos, aínda que confiemos non repita as 14 xornadas sen gañar do cadro entón dirixido por Casanova, e a primeira oportunidae é o vindeiro domingo na complicada visita ao Sofán, que necesita os tres puntos.

Xogaron Pita, Criado, Mascareña, Coello, Maxi, Traba, Rivera, Cayetano (Javi 70´), Vila (Xoel 56´), Rafa (Samuel 85´), Marcos (Lozano 70´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios