PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – CLUB ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1

O As Pontes da un paso máis cara o ascenso tras unha vitoria moi sufrida ante o cadro herculino

O As Pontes deu na tarde deste sábado outro paso de xigante cara o ascenso, tras gañar por 2-1 ó Atletico Coruña Montañeros.

O encontro non foi nada doado como xa se agardaba, e os coruñeses, ao marxe da súa clasificación, deron mostras do gran plantel do que dispoñen, e dominaron toda a primeira metade, sen chegar a concretar grandes ocasións, dispoñendo de moitos córners.

Os locais defendíanse como podían, moi ben a parella de centrais, e nos primeiros 45 minutos apenas resaltar un centro dende banda que non alcanza o porteiro e remata Sánchez de primeiras a rentes do pau (22´), e un forte disparo de Quique que obriga a Ramón a estirarse (38´). 

Na segunda metade o xogo voltouse máis alterno e a pouco do reinicio, tras un córner, o balón caelle a Fidi no borde da área e marca de forte disparo cruzado (49´). No xogo tan arriscado cara atrás dos locais, o propio xogador de Viveiro perdeu un balón no medio campo, quedando sos dous atacantes visitantes, pero estivo providencial Paco adiantándose e atallando o balón (65´).

Puideron sentenciar os locais nun gran roubo de Carlos, que se marcha por banda dereita, dispara, rexeita Ramón, e cabecea en boca de gol Pardo sacando un defensa co corpo (71´). Tralo saque de esquina outra vez o xogador de Ares de cabeza obriga a facer unha gran parada a Ramón (72´).

Os visitantes viron recompensado o seu esfrozo tras un centro dende banda esquerda que ninguén alcanza a despexar e tirándose en prancha de cabeza entrando dende o segundo pau anota Javi Suso (73´).

Non se descompuxo o As Pontes e pouco despois, tras un centro de Criado dende banda dereita preto da liña de córner rematou Carlos de cabeza na área pequena ó fondo das mallas (77´).

Tras un bo pase en profundidade, desmarcase o xogador de Ares, regatea a Ramón, pero remata case sen ángulo (85´). Aguantaron como puideron os locais o excesivo desconto e xa se sitúan con 78 puntos, un máis do que remataron a campaña pasada e so un menos do que acabaron conseguindo os ascendidos Polvorín e Paiosaco, antes de visitar ó Sofán.

CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rivas, Sánchez, Adrián, Quique (Ramos 63´), Bossa, Carlos, Fidi, Pardo (Toni 86´). 

Atlético Coruña Montañeros. Ramón, Barral, Vigo, Juan, Álvaro, Moure, Santiso, Currás (Añón 86´), Suso (Escarda 86´), Herbert, Kevin (Varela 73´).

Goles: 1-0, Fidi (49´), 1-1, Javi Suso (73´), 2-1, Carlos (77´). 

Árbitro: Pedro Castro Gómez (Lugo). Auxiliado por Liz Sierra y Luna Méndez. Amarelas a Bossa, Carlos, Barral, Juan, Álvaro. Expulsado o adestrador visitante Pepe Mariño (56´). 

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores. Tarde fría e soleada. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios