PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – SD DUBRA 1

O As Pontes apuntala a terceira praza.

Sufrida vitoria do As Pontes ante un rival moi complicado e cun gran plantel como é o Dubra. Na primeira metade xogo moi alterno. Tentaba dominar o As Pontes pero o equipo de Val do Dubra estaba moi ben prantado no céspede, con todos os xogadores defendendo de medio campo cara atrás, e buscando as contras.

De feito apenas se poden reseñar ocasións nestes primeiros 45 minutos, tan só nun mal despexe local, que acaba atrapando o balón Berto e o seu tiro cruzado desviao coa luva Paco a córner (10´), ou nunha indecisión entre un defensa e porteiro visitantes a piques está de sacar proveito Fidi (19´).

No segundo período saiu con máis ímpetu o As Pontes, que se xogaba moito máis que os amarelos, e tras un libre indirecto ó borde da área acabou marcando o Mago de Viveiro cun toque sutil ó balón que se acabou colando polo escuadro (49´).

E poñían terra de por medio tras un centro dende banda esquerda de Pablo Ramos que desvía o xusto Iglesias para despistar ó porteiro acabando por colarse o balón moi pegado ó segundo pau (67´), anotando o dianteiro de Agolada o seu 14º gol da campaña.

Nunha boa xogada entre Carballeira e Iglesias este acaba centrando a área pequena pero un defensa chega xusto antes que dous xogadores ponteses para despexar a córner (84´). Puido ser a sentenza, pero xa nas postrimerías, internase un xogador visitante por banda dereita e o colexiado entendeu que o toca por detrás Ramos o suficiente como para sinalar penalti.

Segundo penalti consecutivo no último minuto para un cadro local que recibe moitos tantos no tempo de desconto. Non desaproveitou o mítico Mariño a ocasión para recurtar distancias aínda que Paco lle adiviñou a intención (93´).

Sen tempo para máis, o As Pontes suma 64 puntos, a catro dos postos de ascenso, con cinco xornadas por diante, e apuntala a terceira praza, a de promoción, dado que hoxe perdeu o Ribadeo. Próxima visita a un complicado Betanzos. Quinta vitoria no Poboado, por un empate, ante o Dubra.

2 CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex (Criado 63´), Rego, Maroñas, Dani, Martínez (Troncho 83´), Bossa, Iglesias, Fidi (Carba 69´), Pardo (Toni 77´).

1 SD Dubra. Couto, Pablo (Adrián 68´), Gesto, Cholo, Brais, Mariño, Borja (Ángel 81´), Caneda (Martín 68´), Berto, Moto, Gonzalo.

Goles: 1-0, Bossa (49´), 2-0, Iglesias (67´), 2-1, Mariño, de penalti (93´).

Árbitro: Renny Mazaira Rodríguez (Ourense). Auxiliado por Fernández Blanco e Novas Benavides. Amarelas a Maroñas, Pardo, Criado, Cholo, Caneda, Berto, Gonzalo, Martín.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios