PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – VICTORIA FC 1

Importante triunfo do As Pontes nos últimos minutos

Bo triunfo do As Pontes ante o equipo coruñés tras remontar o encontro nos derradeiros minutos.

Mal se lle poñían as cousas aos locais cando ao borde do descanso Raña batía a Kike de tiro cruzado (42´), pero no inicio do segundo período, tras unha falta lateral botada por Bellas e tras varios disparos locais e rexeites visitantes dentro da área, acaba facendo Lucki o empate (55´).

Despois resaltar un disparo de Mau moi preto da escadra, e sobre todo tras un córner sacado por Sergio cabecea Lucki ao longueiro.

Pero o maior empeño do As Pontes polos tres puntos, fixo que nunha xogada na que un xogador branquinegro quixo saír regateando en lugar de despexar o balón, roubou Vilela que dun disparo dende fora da área desviado por un defensa anotou o tanto do triunfo (85´).

O As Pontes situase con 27 puntos antes de visitar ao Galicia de Mugardos nun derbi moi importante para ambos equipos.

2 CD As Pontes. Kike, Criado, David, Jaime (Rey 73´), Montes, Traba, Lucki (Edgar 88´), Vilela, Moreda (Brais 83´), Sergio (Iván 90´), Bellas (Pájaro 63´).

1 Victoria CF. Jano (Lucas 20´), Mandayo, Plaza, Sergio, Javi, Raña, Mau (Carlos 85´), Iago (Padín 76´), Seo, Adri, Pipo.

Goles: 0-1, Raña (42´), 1-1, Lucki (55´), 2-1, Vilela (85´).

Incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 100 espectadores en tarde moi chuviosa.

Árbitro: Rodríguez Munín (Santiago). Auxiliado por Álvarez Cebreiro e García Liste. Amarelas a Montes, Javi, Mau, Seo, Adri.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios