PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – ATLÉTICO ESCAIRÓN 0
Cuarto triunfo da tempada ante o cadro de Monforte
Vitoria 3-0 do As Pontes na penúltima xornada de Liga, último encontro da temporada na casa.
A primeira metade rematou con 2-0 e case un hat trick de Sergio, que marcou coa punteira un centro de Jaime e de cabeza outro de Criado, desde ambas bandas.
Anularonlle un golazo pola escadra nunha falta lateral por consideralo libre indirecto o colexiado.
Xa no desconto redondeou Brais o marcador para un definitivo 3-0, o segundo 3-0 como local este ano ante o Escairón, por un 0-5 e 0-4 a domicilio.
Boiro 22, As Pontes 18, Xallas 17, Santaballés 7 e Escairón 1. Próxima visita ao mítico Campo de Barraña.
Xogaron Paco, Criado (Berto 68´), David, Iván, Montes, Traba, Lucki, Jaime (Edgar 65´), Vilela, Sergio (Moreda 76), Bellas (Brais´76´).
Xose Ferreiro