PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – CD UNIÓN DE ASADOS DE RIANXO 0

Partido este domingo á tarde no Campo de O Poboado

Importante triunfo do As Pontes 3-0 ante un rival directo neste domingo soleado no Campo do Poboado.

Abriu o marcador a nova fichaxe Josemi, que cabeceou á escadra dende o segundo pau un centro de Tijan, e xa no segundo período o mesmo xogador anotaba un penalti cometido sobre o propio Tijan, e logo era Sergio Otero o que marcaba de forte disparo a pase de Rogerio.

O As Pontes é sétimo pola cola con 44 puntos antes de visitar ao Sofán, recibir ao Ordes, e visitar ao colista Portomarín.

CD As Pontes. Valentín, Criado, Mascareña, Felauto (Jaime 72´), Montes, Traba, Barroso (Rogerio 55´), Alberto (Martínez 67´), Josemi (Luis 89´), Sergio, Tijan (Brais 83´).

Unión de Asados de Rianxo. Eloy, Óscar (Eduardo 65´), Jorge, Ismael (Mauro 71´), Néstor (Víctor 46´), Alejandro (Andrés 58´), Marcos, Pablo, Anxo (Borja 46´), Cristian, Sergio.

Árbitros: Vidal Cousido (Pontevedra), auxiliado por González Piñeiro e Crespo Trujillo. Amarelas a Felauto, Criado, Mascareña, Jaime, Víctor e Jorge.

Goles: 1-0, Josemi (7´), 2-0, Josemi, de penalti (63´), 3-0, Sergio Otero (70´).

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Preto de 200 afeccionados, moitos visitantes, en tarde moi soleada.

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios