Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – UD PAIOSACO 0

Goleada do As Pontes ante o líder nun Poboado cun gran ambiente, o que o deixa a dous puntos do equipo de Laracha e o Polvorín, con tres xornadas por diante.

Nun Poboado con un ambiente que non se recordaba, e que se foi enchendo co paso dos minutos, contundente goleada do As Pontes ante o que era líder da categoría, Paiosaco, por 4 goles a 0.

E iso que nos primeiros minutos o equipo de Riveiro amousou porque lidera os postos altos dende o inicio da Liga, un equipo forte, moi ben plantado, con moita presión e que gaña case tódolos balóns divididos.

Nunha primeira media hora de dominio verdibranco resaltar un tiro cruzado de Iván Amor que saiu a rentes do pau (19´). Pero tras un saque de córner de Bossa que Dani cabecea ó fondo das mallas os locais foronse con ventaxa ó descanso (36´), téndose que retirar Quique por unhas molestias.

Pero a segunda parte, e precisamente co ingreso de Pardo, foi un monólogo dos locais. O xogador de Ortigueira anotou o segundo tras un pase en profundidade no que se queda só ante Dani e bateo coa punteira do pé, de tiro cruzado (64´).
Pero é que anteriormente os azuis dispuxeron de dúas ocasións inmellorables para facer o segundo, nos pés de Adrián Iglesias, nunha primeira tras xogadón de Pardo, que centra e apenas cun defensa baixo paus o xogador de Agolada tira a rentes do pau (59´), e posteriormente tras un pase de Fidi en profundidade volve a quedar só e no seu disparo o balón volve marchar lamendo o poste (61´).

Gran xogada de Iglesias, que regatea a un defensa dentro da área e o seu forte disparo despexao Dani (66´), e despois zapatazo de Pardo que marcha alto por pouco (70´).

Xa nas postrimerías chegou a sentenza. O Paiosaco arriscou buscando recurtar distancias, e noutra contra cabalga o xogador de Ortigueira por banda dereita e tralo seu centro, Alex, incorporándose dende atrás marca rematando na área pequena (81´). O Mago de Viveiro sumouse á festa cun gol de falta que desviou un xogador da barreira ó segundo pau (86´).

Sen tempo para máis, tres importantísimos puntos para un As Pontes que segue vivo con 70, e está a dous de Polvorín e Paiosaco. Necesita ir a gañar a Viveiro e Arzúa e na casa ante o Ribadeo, e agardar algún pinchazo dos de arriba.

O encontro máis inmediato, complicada visita á Cantarrana, ante o histórico Viveiro, que se está a xogar a permanencia, decimoquinto con 39 puntos.

CD As Pontes. Paco, Ramos (Criado 73´), Alex, Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa, Iglesias (Carba 89´), Fidi (Troncho 86´), Quique (Pardo 41´).

UD Paiosaco: Dani, Bilal (Manjarín 75´), Popi, Iriso (Ventola 68´), Sergio, Javi Fuentes, Pablo, Josiño, Iván Amor (Bambam 75´) Aythami (Diego 60´), Juanma.

Goles: 1-0, Dani (36´), 2-0, Pardo (64´), 3-0, Alex (81´), 4-0, Bossa (86´).

Árbitro: Sergio Míguens (Vigo). Auxiliado nas bandas por Buján Vidal e Muñiz Lago. Amarelas a Ramos, Fidi, Iriso, Sergio, Josiño, Amor, Ventola e Diego.

Campo e incidencias: Uns 400 espectadores, cerca da metade visitantes, en tarde moi soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios