PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 4 – FSF CASTRO KWS AGRICAMPO 5

Partido moi intenso na visita a As Pontes do mítico Walter.

Complicado partido o que xogou este sábado á noite o equipo do Lago ante o Castro de Ribeiras de Lea, e no que foi a remolque todo o encontro, pero chegou a empatar por tres veces cos tantos de Adrián Bellas, Adrián Meizoso e Dani a cada ocasión que se adiantaban os lucenses.

Pero xa nos últimos instantes os de Diego Vinicius non tiveron moita fortuna, pois non conseguiron aproveitar dous minutos en superioridade por expulsión visitante, nin dúas faltas directas (si ben é certo que Diego Pellón recurtou distancias tras un rexeite), e dúas desafortunadas accións atrás acabaron nos dous goles cos que os lucenses gañaron 4-5.

Xogaron Kevin, Borja, Jacobo, Diego, AMeizoso; Cal, Pelu, Rober, Dani e ABellas. Próxima visita ao Alto do Vento de Santiago, ambos con tres puntos.

O máis reseñable foi a visita a As Pontes do mítico Walter Limo Barrantes, xogador do non menos mítico Autos Puentes de finais dos 80, principios dos 90, co propio peruano Walter, o brasileño Buda, o uruguaio Rafa, o paraguaio Mercado, Javi Santos, Pellón, Fernando Bouza, Pereira, Josiño, Condor, Palotes, Pichel, Zoquis, e tantos outros.

Difícil non recordar aquela Copa Deputación de 1993 gañada no Pavillón da Fraga ao mítico Egasa Chastón coruñés (primeiro representante español nunha Copa de Europa en 1985), na quenda de penaltis tralo 4-4 final no que Walter anotou os catro goles.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios