PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 5 – CASTROVERDE FS 4

Partido este sábado á noite no Monte Caxado

Gran vitoria do equipo do Lago 5-4 no último minuto no partido disputado este sábado á noite no Monte Caxado ante o Castroverde, penúltimo.

Mellor non podían comezar as cousas pois situabanse 3-0 cun trallazo de A.Meizoso tras saque de córner, unha vaselina de Rober, e nunha xogada entre o propio A.Meizoso e o pequeniño Sergio Vázquez este último marcaba a pracer.

Pero o equipo do Lago é como unha montaña rusa, e antes do descanso igualaron os verdes 3-3. No segundo período Jacobo poñía o 4-3 e voltaban a empatar os visitantes ata que a falta dun minuto Diego Pellón situaba o 5-4 definitivo para os de Vinicius.

Son novenos con 32 puntos antes de visitar ao Concello de Friol, sexto con 35. Xogaron Kevin, Jacobo, Diego, Adrián Bellas, Dani; Pelu, Adrián Meizoso, Rober, Destaw e Sergio.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios