Amigus
As Pontes

PREMIO PONTE LAS PILAS Y RECICLA PARA O CLUBE DE VELA FLUVIAL AS PONTES.

Este sábado á mañá visitou As Pontes a doble Campiona Olímpica Theresa Zabell

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os nenos e nenas do Clube Fluvial de Vela de As Pontes foron premiados pola Fundación Ecomar e Fundación Ecopilas como gañadores do concurso “Ponte las pilas y recicla 2023”, no que participaron 55 clubes náuticos.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha por Ecomar e Ecopilas, que dende 2015 levan reciclado dez toneladas de pilas. Os rapaces e rapazas do clube pontés recolleron 691 kilos destes residuos, quedando no segundo lugar o clube do Mar de Cariño con 585, e terceiro a Escuela Municipal Theresa Zabell con 392 kilos.

Na mañá deste sábado estiveron no Lago pontés representantes da Fundación Ecopilas, e tamén da Fundación Ecomar, asociación que busca protexer e restaurar os ecosistemas mariños, promovendo a biodiversidade e combatendo a contaminación, e neste 2024 cumpren 25 anos.

Hai que dar conta do luxo da visita dunha ex deportista como Theresa Zabell ao noso pobo. Si ben na lista hai cinco homes, Rafa Nadal, Saúl Craviotto, Gervasio Deferr, Joan Llaneras, e Luis Doreste, tratase da única muller española con dous ouros olímpicos, ademáis de cinco Mundiais e tres Europeos.

O Clube de Vela fluvial fíxolles entrega de diversos obsequios, así como ás Fundacións Ecomar e Ecopilas tamén entregaron libros, chalecos salvavidas, e un bote de vela. Tamén estiveron as recentes Campionas de España Alba Abril e María Lefler. Posteriormente xantaron no Mesón Martínez, onde Theresa contou múltiples anécdotas da súa vida deportiva e olímpica.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios