Na tarde deste luns levouse a cabo no Concello de As Pontes a presentación da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se disputará no Concello de As Pontes, nos Pavillóns de Monte Caxado e Municipal, o vindeiro luns día 23.
Neste evento organizado polo Concello de As Pontes e o Lago Sport participan oito Seleccións, Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense e A Costa, e xogase en cinco categorías, Benxamín Mixto, e Alevín e Infantil tanto feminino coma masculino. Pola mañá serán as semifinais e pola tarde as cinco finais.
Na presentación de hoxe estivo presente o Alcalde Valentín González Formoso, a Concelleira de Deportes, Elena López; Cristina Maceira, Marco Roca e Diego Paz, do Lago Sport, Abraham Yáñez, delegado ferrolán da Federación Galega de Fútbol Sala, e Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña.
Nova cortesía Xóse Ferreiro