Amigus
As Pontes

Presentan en Ferrol a reedición do primeiro disco de música galega

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo diariodeferrol.com:
“O Torrente Ballester acollerá mañá, ás oito da tarde, a presentación dun CD editado con motivo do centenario da primeira gravación galega. A firma Ouvrimos embarcouse na aventura de recupera-lo patrimonio discográfico do folclore galego, empezando polo repertorio do coro pontevedrés Aires da Terra, que dirixiu a principios do século pasado o boticario e gaiteiro Perfecto Feijoo.”…


…”Jaime López, ex-presidente do Real Coro Toxos e Froles, e Ramón Pinheiro, un dos artífices da iniciativa, serán os encargados de explicar ó público ferrolán cómo se materializou en 1904 a primeira gravación dun disco de música en Galicia, así como as relacións e consecuencias que ésta tivo no nacemento do que hoxe por hoxe leva o título de coro decano.
‘O Toxos e Froles foi o herdeiro e continuador da laboura do Aires da Terra e do seu director, Perfecto Feijoo’, segundo resume Jaime López, quen contribuiu directamente no proxecto de Ouvrimos con algún dos discos da súa colección persoal. Parece que o gaiteiro pontevedrés tivo unha relación directa e incluso certa admiración por Lorenzo, o fundador do Toxos e Froles, tanto que falou a Miguel de Unamuno da súa maestría musical e animou ó escritor a vir a Ferrol a escoitalo.
A vinculación entre ámbolos dous coros está clara, sinala Jaime López, dende o momento en que o ferrolán se bautizou en 1914 como ‘Coro Feijoo Toxos e Froles’, en recoñecemento ó seu máis directo antecedente.
Ademáis do ‘parentesco’ musical entre Aires da Terra e o Toxos, o acto de mañá servirá para rememorar algúns aspectos curiosos daquelas primeiras gravacións. O equipo técnico chegou a Galicia nunha furgoneta da época, dende Barcelona, para realiza-la primeira gravación en disco de pizarra e a 78 revolucións.
Os amantes da música tradicional poderán acceder agora a aquel son, depurado e limpo gracias ós adiantos tecnolóxicos, a traveso do CD editado por Ouvrimos. Poranse á venda mil exemplares do primeiro número dunha colección da que, ó parecer, os ferroláns volveremos a oir falar moi pronto.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios