Amigus
As Pontes

PRIMEIRA FEMININA. NB21 SEGUROS SAN ROQUIÑO LAGO SPORT 1 – AMIO COBRES SAN RAFAEL 3.

Partido este sábado á tarde no Pavillón Municipal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O equipo feminino do Lago Sport, dirixido por Diego Paz “Vinicius”, sumou un rexistro de 29 vitorias, dous empates, por ninguna derrota, dende o 12 de Novembro de 2023 ata o 22 de Decembro de 2024.

Ahí puxo fin a unha incrible racha caendo derrotado ante o Amarelle C por 6-2, e hoxe sufriu a súa segunda derrota consecutiva ante un Amio que foi mellor e se adiantou 0-3, con tanto da honra de Paula Castro preto do final.

Non obstante gran temporada do conxunto pontés que marcha segundo con 26 puntos, iso si, destacase o Amio, que se sitúa con 28 pero un encontro menos.

Xogaron Sheyla, Andrea Cruz, Andrea Montero, Carla, Patricia; Aitana, Icía, Azuleima, Laura, Paula, Sara Meizoso, Sara Basoa. Próxima visita á Gaiola B, sétimo con 16 puntos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios