Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 2 – URAL ESPAÑOL CF 0.

Ao fin vitoria local este domingo á tarde no Campo de O Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Por fin, nove meses e medio despois, voltou gañar o As Pontes coma local. O último triunfo databa dun 16 de Decembro do 2023, 1-0 ao San Tirso, ata hoxe, entremedias unha vitoria en Boiro.

No encontro chuvioso de hoxe entre dous equipos necesitados de puntos, adiantáronse os locais por medio de Rafael no inicio do encontro e mediado o segundo tempo anotou de penalti Pablo Herba o tanto tranquilizador.

O marcador non se moveu e tras tres derrotas seguidas, Cambre (2-0), Numancia (0-1), Eume (3-0), consiguen por fin os azuis tres valiosos puntos que tentarán prolongar na súa visita ao Orillamar, situado en zona media, mentres os locais son antepenúltimos.

Xogaron CristianR, Criado, David, Samuel (DaniF 68´), Óscar, Cayetano (Alexandre 77´), Rafael (Hugo 68´), Javi, ChristianF (Xoel 77´), DaniC e Pablo (Jandro 62´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios