Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 3 – SD VALDOVIÑO 2.

O As Pontes bríndalle un sexto premio a súa sufrida afección no derbi e pecha o 2024 duodécimo con 20 puntos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triunfo milagreiro do As Pontes para despedir o ano. Ben se lle poñían as cousas aos locais, pois tras unha triangulación entre Pablo, Alexandre e Elías, este último marcaba a pracer.

Pero pouco durou a ledicia pois nunha xogada de estratexia dous xogadores visitantes quedaron sos e anotaron o empate, e colmo de males, tras unha perda de balón no medio campo e un tibio despexe chegaba o segundo. Aínda así mellororuse o aspecto denfensivo con respecto á semana pasada.

Pero Pablo Herba antes do descanso establecía a igualada no marcador e voltaba a ser o mesmo xogador o que poñía terra de por medio trala reanudación. Aguantou a vantaxe o equipo local como puido, por riba nos últimos minutos cun xogador menos, e ao final do derbi os tres puntos quedaron na casa.

Duodécimo con 20 puntos, despide o As Pontes a primeira volta, pero dalle a benvida ao 2025, ante o Sporting Meicende, quinto. Xogaron Joel, Criado, Samuel, Óscar, Javi, Jandro (Cayetano 70´), Daniel, Elías (Caamaño 70´), Xandre, Cobas (Rafael 70´), Pablo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios