Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 4 – CULTURAL MANIÑOS SD 2.

Un resucitado As Pontes zarandea ao líder no derbi do Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triunfo vibrante o desta tarde no Campo do Poboado. A campaña non era moi prolífica nin moi xusta co cadro azulón nestes cinco primeiros derbis, pois se saldaron con cinco derrotas, Numancia (0-1), Eume (3-0), Cedeira (2-1), Galicia Caranza (1-2) e Perlío (2-1).

Sen embargo, no derbi que se presupoñía máis complicado, pois chegaba á localidade pontesa unha Cultural Maniños colíder co Victoria coruñés, foi no que goleou o conxunto pontés.

Tras unha primeira metade sen goles pero con ocasións para ambos bandos comezaba unha segunda frenética na que os locais poñían terra de por medio no primeiro cuarto con dous goles, un de penalti, do bo extremo esquerdo Pablo Herba.

Recurtaban distancias os de Fene por medio de Christian, pero rápidamente o prometedor central Samuel colocaba o 3-1 no marcador. Preto do final voltaban a achegarse os visitantes por medio de Pedro, pero pouco despois era o recén sustituido Alexandre Varela o que anotaba o 4-2 definitivo.

Decimo cuartos con 10 puntos tentarán facer boa esta vitoria na visita ao colista Caranza nun encontro que será moi complicado. Xogaron Cristian, Criado, Samuel, Óscar, Cayetano (Jandro 71´), Rafael (Alexandre 82´), Javi, Xoel (Hugo 71´), Daniel, Pablo (Xandre 88´), Israel.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios