Este sábado en Santiago, e organizado polo Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF), tivo lugar a primeira xornada do programa formativo ACTA (coa finalidade de detectar aos árbitros coa maior proxección), nas que participaron 21 colexiados menores de 20 anos de Primeira e Segunda Futgal, entre eles o pontes Iago Expósito Fraga.
A xornada comezou pola mañá en Santiago con charlas técnicas a cargo de Julio Amoedo Chas e Alberto Lago. Xa pola tarde, no campo de Chaián, en Trazo, os árbitros Alberto Lago, Alberto Blanco e Pedro Castro, dirixiron un adestramento con diferentes exercicios para os 21 colexiados.
A seguinte xornada terá lugar o vindeiro 10 de Maio.
Fotos cortesía Futgal. Nova cortesía XF.