RESULTADOS CD AS PONTES 10-11-12 MAIO
O As Pontes perde na Pobra. Brillante triunfo do Benxamín A no Torneo de Convivencia
PREFERENTE NORTE
POBRA CF-CD AS PONTES (2-0)
Derrota do As Pontes na súa visita á Pobra onde os locais gañaron tras anotar un tanto Nacho no final do primeiro período e outro Álvaro no inicio do segundo.
Xa co 2-0 e coa expulsión de Toni o encontro puxose moi costa arriba para os de Marco Roca. Debutaron os dous irmáns Pajaro, Dani e David, e tamén participou o central xuvenil Breijo, que xa xogara en Boimorto.
O As Pontes, con dous partidos pendentes, como moito poderá igualar o récord de só tres derrotas da 1983-84 e 1985-86. Iso si, na vindeira xornada poderá optar ao pleno de 19 triunfos en casa de 19 si vence ao compricado Dubra.
Xogaron Pelayo, Ramos (Breijo 73´), Alex, Martín, Sánchez, Dani, Toni, Bossa (David Pajaro 73´), Erni, Quique e Josiño (Dani Pajaro 45´).
FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (0-3)
O Feminino pontés dixo adeus á Copa tras caer 0-3 ante o potente equipo do Maniños. Pasan a semifinais este equipo con 12 puntos, Rosalía con 10, e queda o As Pontes terceiro con 9.
Noelia e Paula Castro con 3 tantos cada unha, e Nuria, Carlota e Xeila con un foron as goleadoras azuis neste torneo. As semifinais cruzan aos dous favoritos, Maniños contra Caranza, e as dúas sorpresas, A Capela contra Rosalía.
XUVENIL A
CD AS PONTES-CD BOIRO (1-2, Iván)
A pesar de adiantarse no marcador os de Iván Rodríguez, remontaron os visitantes antes do descanso. Xa salvados dende a semana pasada rematan a campaña co derbi en Caranza.
XUVENIL B
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (7-2, Santi, Joan).
Segunda derrota do xuvenil pontés no Torneo, tras perder a semana pasada co Mugardos.
INFANTIL
SD O VAL B-CD AS PONTES (1-4, Ángel Purriños 2, Anxo Blanco, Antón Varela)
O infantil pontés logrou unha importante vitoria no Val, polo que, segundo con 12 puntos, se xogará o primeiro posto a vindeira semana recibindo ó Animas, primeiro con 13.
ALEVÍN
CD AS PONTES A-CD AS PONTES B (8-2, Andrea 2, Nico, Miguel, Iago, Destaw, Sergio, Ánxo/ Adrián, Alejandro)
Vitoria do Equipo A 8-2 ante o B. O A, cuarto con 40 puntos, visita ó Eume B, sétimo, e o B recibe ao Eume A, terceiro.
BENXAMÍN-PREBENXAMÍN
Esta fin de semana disputaronse os trofeos de convivencia. Nun torneo que acabou moito antes de tempo, brillante o Benxamín A que se fixo co título. O resto de equipos, Benxamín B, Prebenxamíns A e B, caeron en oitavos de final.
Foto cortesía de Guille. Nova cortesía Xose Ferreiro