RESULTADOS CD AS PONTES 16-17-18 FEBREIRO

Vitorias do Xuvenil, Cadete, Benxamín A e Prebenxamín A

XUVENIL
CD AS PONTES – SRD NUMANCIA DE ARES CF (6-0)

Vitoria do xuvenil pontés no seu encontro como local xogado en Maniños. Tres goles consecutivos de Dani, e un de Carlos, Andrés e Jose de penalti deron os tres puntos contra o Numancia.
Asentan a segunda praza con 28 puntos e descansan na vindeira xornada. Xogaron Meidán, Fraga, David, Pablo, Breijo, Vilela, Carlos, Chema, Dani, Xose, Andrés e despois entraron Cristian, Alex Barro, Cazás, Jose e Derick.

CADETE
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (2-5)

Bo triunfo 2-5 do Cadete en Ferrol ante o Portuarios. Saiuse Vicente, que anotou catro tantos e outro de Xavi. Sétimos con 14 puntos, antes de recibir ó San Pedro, sexto con 15.

Xogaron Andrei, Eyob, Adrián, Alejandro, Antonio, Nono, Luis, Xan, Vicente, Xavi, Xoel, Joan e Edgar.

INFANTIL
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (1-0)

Derrota do infantil na súa visita a Pontedeume, 1-0. Son sextos con 20 puntos, antes de recibir ó Numancia, undécimo con tres.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Íker, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo, Diego, Jandro, Luis, Hugo, Anxo, Juan, Ángel e Sergio.

ALEVÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF – CD AS PONTES A (4-1)
CD AS PONTES B – CCRD PERLÍO B (0-4)

Derrota do Alevín A 4-1 na súa visita a Ares, tanto de Israel Varela. Son sextos con 13 puntos, antes de recibir Ó Ferrol C, segundo con 19. Derrota 0-4 do Alevín B ante o Perlío B, antes de visitar ó quinto clasificado Cultural Maniños.

BENXAMÍN
SCD GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES A (1-2)
CD AS PONTES B – SCDR NARÓN O FREIXO B (1-1)

Vitoria do Benxamín A 1-2 en Mugardos, tantos de Íker Ares e Xoel Vigo, sendo segundos no grupo dos mellores con 21 puntos, antes de recibir ó Perlío, terceiro con 18. O Benxamín B pola súa banda empatou 1-1 co Freixo C, gol de Nacho Villasuso, e son cuartos con 14 puntos antes de visitar ó Perlío B, noveno con tres.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A – SCDR ÁNIMAS (3-0)
CEDEIRA SD B – CD AS PONTES B (5-0)

O Prebenxamín A gañou 3-0 ó Ánimas, Íker Díaz, Brais Varela e Xoel Galego. Son cuartos con 15 puntos antes de visitar ó líder Caranza C. Derrota do Prebenxamín B 5-0 ante o Cedeira B. Sétimos con 6 putnos antes de recibir ó Caranza, cuarto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios