RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 14-15 DECEMBRO

Vitorias do Infantil, ambos Benxamíns e o Prebenxamín A

FEMININO
CD AS PONTES (DESCANSA)

XUVENIL A
CD BOIRO-CD AS PONTES (2-1)

Dolorosa derrota do Xuvenil A en Boiro, nun encontro no que pese a adiantarse os locais ao pouco do comezo por medio de Alberto, Matías conseguía empatar antes do descanso, pero un gol de Borja a tres minutos do final deulle os tres puntos ós locais ante un xuvenil que non puido traer nada positivo.

Volven á cuarta praza pola cola con 14 puntos antes de rematar a primeira volta co derbi ante o Galicia de Caranza, que é duodécimo con 19 puntos. Xogaron Nesi, Fraga, David, Pablo, Breijo, Vilela, Jandro, Brais, Miguel, Matías, Álvaro e despois Cristian, Carlos e Elías.  

XUVENIL B
CD AS PONTES B (DESCANSA)

CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (2-0)

Derrota do Cadete 2-0 en Sinde. Cuartos con 12 puntos, reciben ó Portuarios, quinto con dez. 

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Samuel, Riobo, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro López, Joan, e despois Edgar, Adrián Piñón, Sergio, Yadai e Dani. 

INFANTIL
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (1-3)

Vitoria nos últimos minutos do Infantil en Mugardos, con tantos de Anxo Blanco (2) e Israel Varela. Terceiros con seis puntos, reciben ó Ortigueira, aínda sen puntuar.

Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Xose, Ángel, Anxo Blanco, Diego, Israel, Patricia, Pablo, Bruno, Yeray e Cristian. 

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES B (2-1)

Descansou o Alevín A. O Alevín B pola súa banda perdeu 2-1 en Ferrol, tanto de Xoel Vigo. O A recibe ó Eume e o B descansa. 

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA C (3-1)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (1-6)

O Benxamín A gañou 3-1 ó Caranza C con tantos de Felipe Riveira (2) e Xandre Domínguez, e lidera con seis puntos, antes de visitar ó Eume Deportivo, aínda sen puntuar. Goleada 1-6 do Benxamín B en Cedeira nun partidazo de Xoel Galego, que anotou cinco goles, e un de Martín Laherrán. Sextos con tres puntos reciben ó Val, aínda sen puntuar. 

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CCRD PERLÍO (5-2)
AD MIÑO-CD AS PONTES B (3-3)

Vitoria 5-2 do Prebenxamín A ante o Perlío, goles de Brais Gómez (3), Xoel Timiraos e Anxo Paz. Líderes con seis puntos, visitan ó Numancia, cuarto cun encontro menos. Empate 3-3 do Prebenxamín B que viu como os tantos de Pau Jorrin (2) e Ander Blanco eran enxugados polos locais que remontaron un 0-3. Aínda así, cuarta semana consecutiva sumando dos máis pequenos, que con 4 puntos reciben ó San Sadurniño. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios