RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 8-9 FEBREIRO

Vitorias do Xuvenil A, Feminino, Alevín A e Benxamín B

FEMININO
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (3-0)

Triunfo do feminino pontés 3-0 ante o Mugardos. As de Julio montero deron boa conta do colista con tantos de Carolina Paz, Noelia e Xeila, e novenas con 19 puntos, pasan de xogar co último ao primeiro, pois teñen que visitar ó líder Caranza, que apenas perdeu e empatou un encontro. 

Xogaron Nuria, Yoli, Andrea, Tania, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Nerea, Paula Baamonde, Carolina Paz e Uxía.  

XUVENIL A
CD AS PONTES-BETANZOS CF (2-1)

Importantísimo triunfo do Xuvenil A, que na tarde deste sábado venceu a un rival directo como Betanzos por 2-1. E ademaís fíxoo remontando nos últimos minutos o tanto do primeiro tempo dos betanceiros, xa que Brais igualou e no tempo de desconto o local Mateo daba tres importantes puntos.

Son decimoquintos con 18 puntos, antes de visitar a outro rival directo, o Atlético Riveira, un posto e catro puntos por debaixo. Xogaron Nesi, Miguel, David, Pablo, Breijo, Vilela, Chema, Edgar, Brais, Dani, Jandro e despois Carlos, Cristian, Iván e Mateo.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (2-5)

Derrota do Xuvenil B ante o Numancia 2-5. Pese a adiantarse nada máis comezar o encontro cun tanto de cabeza de Vicente a centro de Xan, tres goles dos visitantes poñían o 1-3 co que se chegou ó descanso. Santi recurtaba distancias no inicio do segundo período, pero outros dous tantos dos vermellos puxeron o 2-5 definitivo. 

Quintos con 15 puntos, visitan ó Narón O Freixo, sétimo con 6. Xogaron Edgar, Nono, Alex, Antón, Antonio, Xan, Andy, Xoel, Elías, Santi, Vicente e despois Jose, Derick, Brais e Mohamed.  

CADETE
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES (2-2)

Empate 2-2 do Cadete en Ferrol. Adiantáronse por dúas veces con tantos de Hugo Blanco e Xoel Purriños, pero empataron os locais e no segundo tempo non se moveu o marcador. 

Cuartos con 20 puntos antes de recibir ó Estrella, oitavo con 15. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro, Adrián Piñón, e despois Joan, Sergio e Mateo. 

INFANTIL
SD O VAL B-CD AS PONTES (3-1)

Derrota do infantil en Sinde, co que O Val afianza o seu liderato. Adiantáronse ó pouco do comezo e pese ao empate de Israel Varela, dous tantos no segundo tempo deronlle o 3-1 ós valexos.

Son quintos con 15 puntos, antes de recibir ó Galicia Mugardos, sexto con 13. Xogaron Pablo, Yeray, Antón, David, Anxo Rey, Carlos, Israel, Ángel, Anxo Blanco, Ali, Diego, Sergio, Bruno, Augusto, Xose e Iago.  

ALEVÍN

CD AS PONTES B-CD AS PONTES A (0-7)

Triunfo 0-7 do equipo Alevín A pontés sobre o Alevín B no derbi vivido na mañá deste sábado no campo artificial, tantos de Miguel Dopico (2), Andrea Cruz (2), Diego Lozano, Nico Meizoso, e Iago Blanco. O A é terceiro con 15 puntos, antes de recibir ó Eume B, mentres o B visitará ó Eume A.

BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (2-2)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA B (4-1)

O Benxamín A sacou un empate na súa complicada visita á cancha do terceiro Neda. Adiantaronse con tanto de Nacho Villasuso, e nos últimos minutos do segundo tempo empataban os locais, voltaba a poñer por diante ós azuis Xandre Domínguez pero pouco despois os nedenses poñían o 2-2 definitivo. Son líderes con 20 puntos xunto ao Narón O Freixo, antes de recibir ó EFR Racing de Ferrol, quinto, no remate da primeira volta. O Benxamín B pola súa banda gañou 4-1 ó Neda B, tantos de Íker Díaz (3) e Xoel Galego. Quintos con 14 puntos rematan a primeira volta visitando ó Meirás, sexto con 12.

PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD B-CD AS PONTES A (3-3)
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO (2-3-2019)

Empate 3-3 do Prebenxamín A, nun partido que foi perdendo ata que faltaban oito minutos, logo puxose 1-3, tantos de Brais Gómez, Xoel Timiraos e Izan carro, pero nos dous últimos minutos encaixaron dous goles. Cuartos con 13 puntos reciben ó Caranza B, sexto con 9.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios