RESULTADOS CLUBE GRUPO XUVENIL NO DESCENSO DO SELLA
Arriondas, Ribadesella. Asturias 3/08/2024.
O pasado sábado día 3, disputouse o tradicional descenso do río Sella na súa 86ª edición con saida na localidade de Arriondas e chegada na ponte de Ribadesella. Nesta edición participaron 1277deportistas de 25 paises dos 5 continentes. O clube Pontés desprazou a 6 padexeir@s tod@s de categoría sub-23 que fixeron un gran esforzo para recorrer os 20 Kms de descenso con numerosos rápidos e numerosos participantes que dende a saida loitan por atopar un oco por donde navegar sin encontronazos e volcos. As Clasificación d@s padexeir@s do Clube Grupo Xuvenil foron:
- Celia Durán Iglesias e a zaragozana Inés Roche Serrano acadaron o 7º lugar na categoría muller K2 sub- 23.
- Ada Fernández Pita e Inés Domínguez López clasificaronse no 8º posto na mesma categoría-
- Antón García Bellas e Pablo Vispalia Díaz na categoría k2 home sub-23 no acadaron entrar no tempo de control debido a unha avería no timón, ainda que remataron a proba na meta de Ribadesella.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.