RESULTADOS COPA CD AS PONTES

O Xuvenil clasificou para a gran final

XUVENIL
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (2-0)

O xuvenil pontés certificou este xoves á tarde no Campo grande de O Poboado a súa clasificación para a gran final da Copa de Ferrol tras gañar 2-0 ó Portuarios ferrolán, sumado ó 0-1 da ida.

Ben puido poñer terra de por medio o cadro de Felipe Mieres en sendas oportunidades de Chema e Breijo, pero foi no borde do descanso cando anotaron dous goles consecutivos.

Primeiro foi tras unha boa xogada de equipo, que desborda por banda Óscar, e sirvelle o balón a Andrés, quen, en dous tempos, marca de tiro cruzado. Pouco despois noutra boa xogada de banda a banda, desta vez é Óscar, con unha internada pola dereita quen se pranta ante o porteiro visitante ó que bate de forte disparo.

Incluso antes do descanso, Óscar centrou un bo balón ó que non chegou Cristian por pouco, e trala reanudación, tras un centro de Josiño, o trallazo de Óscar rebota nun defensa.

O encontro quedou visto para sentencia tras unha xogada na que Dani levou unha tarrascada por detrás, e armouse unha pequena tangana na que foi expulsado un xogador visitante.

De aí ó final destacar dúas boas internadas por banda esquerda de David que non atoparon rematador final, e un tiro dende fóra da área de Breijo, que tras desviar un defensa casi sorprende ó porteiro.

O As Pontes terá agora que agardar ó vencedor do duelo entre o Maniños e o líder da Liga, o Eume, para coñecer ó seu rival no derradeiro partido, que presumiblemente se disputará a final de tempada, e que, si tivera a sorte de vencer sería o título comarcal número 70 da canteira pontesa.

O único título pontés xuvenil de Copa data de 1987, na final gañada en Barallobre 1-2 ó Meirás, finais que perdeu en 1988 co Perlío e en 1989 co Mugardos.

Si ben é certo que os xuvenís suman 6 Ligas e 2 Copas Afaco, tampouco tiveron moitas opcións debido a competir 21 anos en Liga Galega, 7 en Nacional, ou un ano na División de Honra.

Xogaron Meidán (Juan 84´), Carlos (Fraga 66´), David, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Cristian (Cazás 66´), Xose (Bruno 77´), Andrés (Dani 59´).

CADETE
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES (4-1)

Non puido alcanzar a final o Cadete, que xa arrastraba un complicado 1-5, e en Valdoviño, pese a adiantarse cun tanto de Vicente, polo equipo local anotaron Alejandro (2), Diego e Juan, situando o 4-1 definitivo, para un conxunto que xogará a final contra Eume ou Ánimas.

Xogaron Andrei, Xavi, Adrián, Alejandro (Dani 52´), Antonio, Nono, Jandro (Mohamed 69´), Eyob, Vicente, Xan (Santi 52´) e Joan (Iván 69´)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios